7.1.09

...nadal de cambios...

Este foi o primeiro Nadal para algunhas cousas e o derradeiro de moitas outras. Foi un Nadal de, como sabedes, esperadas vacacións, mini escapadas da cidade, brindes e celebracións en demasía, folga familiar e crise laboral. Foi o Nadal da despedida dunha grande amiga, dos 365 días, da lasaña de pementos, do buei pouco feito e do kit de supervivencia no ascensor.

Foi o Nadal do triunfo das mulleres que coñezo - un bico, Anti -, dos cortes de cabelo, dos vídeos de "El Cocinero Fiel" na habitación na mellor compaña, o Nadal dos convencimentos, da patinaxe sobre xeo, o Nadal de ti e de vosoutros/as, aos/ás que quero.

Os cambios avecíñanse rapidamente e eu son unha experta en reinventarme, unha vez máis. O lema deste ano, "Ela pode no 2009!" (aínda só temos unhha regra).

Así que para Pato, Anita, Anti, Miri, Érica, Montse, Laura...a gozar do aroma deste Nadal (a metade das reproducións do Youtube son miñas).

Este para Uxío, que xa case aprendeu todos os pasos...

E o último para min...

FOTO: Helmut Newton

1 comentarios:

Pato dijo...

¡Gracias! me pido a Eric Balfour con patatas y un Matt Gordon on the rocks. ;D